logo EDA
Navbar
  • Aula
  • Campus
  • Es de libro
  • Taller
  • Biblioteca
  • Outros Recursos
imagen-blog
  1. comezo
  2. Blog
  3. Artigo

Blog

O uso responsábel das pantallas na aula

01/07/2025

Como ocorreu no resto dos ámbitos da nosa sociedade, o dixital chegou ás aulas para quedar e está transformando o modo en que profesorado e alumnado afrontan a aprendizaxe de novas disciplinas e habilidades. Nunca antes a escola tivera ao seu alcance tantas ferramentas para a aprendizaxe interactiva ou o acceso á información en tempo real. Con todo, persiste o debate sobre se as pantallas deben entrar na aula, se a educación debe cinxirse aos métodos tradicionais ou incorporar as posibilidades que presentan as novas tecnoloxías. 

O ámbito académico non pode virar as costas ao progreso, mais debe procurar o equilibrio perfecto para tirar o maior proveito ás ferramentas que a tecnoloxía pon ao seu servizo, minimizando os riscos asociados ao seu uso. Para iso, é esencial que as metodoloxías pedagóxicas se adapten e busquen o desenvolvemento de habilidades no alumnado que favorezan un uso crítico da tecnoloxía. A alfabetización dixital debe ser parte dos currículos de primaria e secundaria para promover o uso responsábel das tecnoloxías desde a infancia. 

Isto inclúe ensinar aos estudantes a diferenciar as fontes de información con espírito crítico para detectar aquelas fiábeis das que non o son; implica coñecer como salvagardar a privacidade en liña e como crear contidos respectando a propiedade intelectual e os dereitos de autoría, entre outras habilidades. 

No que atinxe á educación en materia de propiedade intelectual e dereitos de autoría, a Unión Europea recoñece a importancia de instruír os estudantes nestas etapas e puxo en marcha diversas iniciativas para integrala nos sistemas educativos dos Estados membros. Proxectos como Ideas Powered @ School buscan involucrar a toda a comunidade escolar na aprendizaxe sobre propiedade intelectual. En liña con este proxecto da UE, CEDRO creou a Escola do Dereito de Autor, unha iniciativa que pon a disposición da comunidade educativa os recursos necesarios para propiciar a formación do alumnado e profesorado nesta materia. 

En definitiva, a entrada das tecnoloxías nas aulas require iniciativas como estas para o desenvolvemento daquelas habilidades que permitan á comunidade educativa incorporar o mundo dixital ás súas rutinas de aprendizaxe, minimizando riscos e aproveitando as oportunidades que ofrece. 

© da imaxe: Shutterstock

Habilidades dixitais

  • Estudantes
  • Profesores
  • Escolas

Alfabetización mediática

  • Estudantes
  • Profesores
  • Escolas

Dereitos de autor

  • Estudantes
  • Profesores
  • Escolas

Lecturas

  • Primaria
  • Secundaria
  • Bacharelato
  • Universidade
logo-footer
logo-Ministerio- Educaci
logo-nextgenerationEU
logo-plan-recup-GALLE

2025 © Centro Español de Derechos Reprográficos

  • Mapa Web
  • Aviso Legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies