Abr 23, 2026, 13:01 p.m.
by
Carolina Cerrejón Hernández
A cultura escrita é un dos piares no que asenta a nosa sociedade libre e democrática. Por iso, a súa sustentabilidade é esencial para preservarmos os valores sobre os que se construíu o ámbito no que vivimos. O dereito de autor é a garantía desa sustentabilidade, pois a propiedade intelectual é o marco que garante que autores, editores, xornalistas e tradutores poidan desenvolver o seu traballo con seguridade e perciban un recoñecemento económico xusto por el.
Para que isto sexa efectivo, a poboación debe posuír unha formación axeitada en dereitos de autor, saber como se protexen as obras e en que condicións poden usarse. Esta formación non só serve de protección a quen crean, senón que contribúe a unha sociedade máis consciente, responsábel e comprometida coa cultura escrita.
Por que é importante formarse en propiedade intelectual?
Nun contexto marcado pola dixitalización e a dispoñibilidade inmediata de contidos, a formación en propiedade intelectual convértese nalgo fundamental para proporcionar seguridade tanto a creadores como a usuarios. Coñecer o dereito de autor permite protexer legalmente as obras fronte aos usos non autorizados e tamén tomar decisións informadas sobre a explotación económica dos contidos.
Se se entenden as implicacións do uso de materiais en contornas dixitais e educativas prevéñense conflitos legais e, a un tempo, asegúrase un medio estábel para os titulares das obras. Por iso, fomentar a cultura do respecto aos dereitos de autor desde o ámbito educativo ou profesional xera uns beneficios para o alumnado:
- Cidadanía dixital. Cando o estudante coñece o esforzo que hai detrás de cada creación, o que supón asinar unha obra e por que non todo pode copiarse ou compartirse libremente, estase formando en cidadanía cultural.
- Sustentabilidade da cultura. Formarse en dereitos de autor comporta entender que detrás de cada libro, artigo, revista ou partitura hai un traballo intelectual que merece recoñecemento e protección. Tamén supón asumir que o consumo de contidos non autorizados afecta directamente á sustentabilidade da cultura.
- Creatividade. A formación continua contribúe a consolidar unha cultura onde a creatividade se percibe como un ben que debe coidarse.
Se queres afondar nestes contidos, resolver dúbidas prácticas e acceder a recursos adaptados a distintos niveis educativos, a Aula do Dereito de Autor (EDA) ofrece formación en liña especializada en dereitos de autor.
Accede a EDA e comeza a formarte hoxe.